Ti tes un obxectivo, o noso é comunicalo

Se non o comunicas, non existe. Cóntanos o que precisas e deseñaremos solucións creativas, únicas e personalizadas para a túa idea.

Redes sociais e comercio de proximidade

Este ano comezamos cun proxecto moi chulo, que contaremos máis adiante, centrado na promoción do comercio local. Unha parte moi importante estará centrada nas redes sociais, un ámbito idóneo para a súa difusión. O pequeno comercio, creadores artesáns ou a hostalería atopan nestas plataformas unhas canles moi útiles para manter o contacto ou atopar novos clientes. O punto de partida… Ler máis →

Comunicación de crise: o ébola

Estas semanas estamos vivindo unha crise de comunicación de manual: o primeiro caso de ébola en España. E a súa xestión poderá ser estudiada nas facultades de comunicación como exemplo do que non debe facerse nunha circunstancia así, xunto con outros casos, como o Prestige ou o accidente de metro de Valencia. Hai anos, na USC ofrecíase formación especializada en crises de… Ler máis →

Descubrindo realidades

Un dos aspectos máis positivos do noso traballo é que nos permite achegarnos en profundidade a realidades que ignoramos. É o caso dun programa no que estamos metidas de cheo e que se chama Descubre a nosa realidade!, promovido pola Asociación Acadar, que nos sorprende coas historias das súas mulleres protagonistas. Son mulleres con discapacidade que experimentan diferentes formas de… Ler máis →

Pedro Sánchez, Sálvame, Trancas e outras mozas do montón

Menudo día deberon ter onte no gabinete de prensa do PSOE! A liada foi fina: o seu novo secretario xeral entraba en directo en Sálvame para anunciar o seu posicionamento en contra do maltrato animal a raíz da polémica sobre o touro do Vega. Ante a polémica que prendía nas redes sociais, esta era a reacción oficial: .@RubenFdezAviles ¿Por qué?… Ler máis →

Pánico, un troll!

Como ese día que mirándote no espello descobres un gran inoportuno, así é o troll nas túas redes sociais. Estas semanas estivemos lidiando cun que apareceu no perfil de Facebook dun cliente. O primeiro é distinguir entre o troll e o que pode ser unha crise de reputación. Neste sentido, é moi interesante este artigo que publica El País sobre… Ler máis →

Con humor

Hai que tomarse a vida con humor e rirse de nós mesmos. Cantas veces nos repetimos isto? En cambio, custa moito que as marcas se atrevan a facelo, pero a veces é un camiño moi útil. Atopamos un tumblr moi divertido, Honest Slogans, no que cambian os eslogans de marcas moi coñecidas por outros máis apegados á realidade. Moitos dos… Ler máis →